lugo

BOSQUES DE LUGO

Os bosques de outono e de inverno, ofrecen ao camiñante a posibilidade de contrastes estimulantes. Diferencias de paisaxe en cada retorta e o ulido a humidade presente neste noroeste peninsular.


Gardados do frío e coa compaña de sotobosques ricos en biodiversidade que esconden os segredos da fauna autóctonas.
A provincia de Lugo é un dos mellores destinos para gozar dos bosques en época de frío. Diferentes propostas con flora diversa e o denominador común das mellores sensacións.


O bosque da Fervenza, un dos bosques inundables máis importantes da península, a carón do río Miño.


Faial da Pintinidoira, A ladeira norte cerca do ceo e o lugar perfecto para unha especie de árbore só apta para baixas temperaturas.


Aciñeiral de Cruzul e o bosque de Grobos. Especies mediterráneas en microclimas específicos de terreo calcáreo. Figuras de conto de fadas.


Fraga da Marronda. Na procura das fontes do río Eo e cos segredos que gardan as pronunciadas ladeiras. O bosque auténtico galego.


Aló imos

Apúntate. info@viainqueda.com  696155232

 

BOSQUES DE LUGO