Nós

Vía Inqueda nace como empresa no ano 2021 dende a experiencia previa no coñecemento do entorno en entidades sen ánimo de lucro.

A iniciativa ten no activismo e na loita polos valores naturais e culturais da Costa da Morte e das cuncas mineiras asturianas, o berce máis importante, o valor máis interesante e a Vía principal que guía cada unha das accións enmarcadas neste proxecto.

Vía Inqueda dedícase á realización de actividades relacionadas coa posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, enmarcadas no ecoturismo e na potenciación do noso entorno rural.

As principais actividades que desenvolvemos en Vía Inqueda teñen como escenario o medio natural e as accións de achegamento a ese patrimonio dende iniciativas enfocadas á interpretación do mesmo. Deste xeito, a maior parte das accións buscan a reflexión, a inquedanza e a provocación ao participante, de cara a afianzar os valores culturais, naturais, paisaxísticos e sociais, sobre todo no que atinxe as comarcas da Costa da Morte e das cuncas mineiras asturianas. Vía Inqueda pretende empuxar, acompañar, pero sen dúbida que a aprendizaxe farémola entre todos.