Camiños do coiro
Montemaior, terra zapateira
O espectacular tramo do río Bardoso é o protagonista dun itinerario íntegro pola parroquia de Montemaior e que foi tratado con agarimo para desenvolver un fermoso percorrido a través dun río acabado de nacer. A ubicación da parroquia, a cabalo de Bergantiños e Ordes, asenta as bases para un importante nexo comunicativo entre ámbalas dúas comarcas. Terra de aproveitamento da forza hídrica a través de muíños e sobre todo curtidoiros como o de Cumiáns, que funden as raíces na metade do S XIX.
A raíz dos curtidoiros xurde unha pequena economía relacionada co calzado, un artigo que se vendías nas feiras próximas da Silva, Carballo ou Paiosaco. Lugares como O Viso foron importantes a través dunha historia que se funde no medievo.