Camiños da Costa da Morte

Cova do Lobo

Corazón das carballeiras

O concello de Zas é o único da comarca de Soneira que non acolle ningún tramo de costa. Dentro do mesmo, as parro quias de Zas, Santo Adrián de Castro, Loroño e Meanos, conflúen no centro xeográfico dun concello alongado de norte a sur. Este corazón interior da Costa da Morte albergou vexetación autóctona atlántica grazas ao seu clima húmido e preto do mar. O carballo, árbore venerada polos ancestros, era a pranta que daba acubillo a todo un sotobosque cheo de arbustos como a abeleira, loureiro, acivro...incluso máis pequenos como a silvarda ou diferentes tipos de fentos.

Distancia: 15 km
Dificultade: media-baixa
Deseño do percorrido: Asociación Deportiva Monte Brondo
* Participantes mínimos: 8