programas

Destino Camariñas

O

concello de Camariñas é a saída natural ao mar da Terra de Soneira. Unha agreste península que ten ao faro Vilán como vértice poderoso, como apéndice alongado da serra de pena Forcada. Unha terra que se adentra no Atlántico en forma de perigosos baixos.

As parroquias de Camelle, Xaviña e Camariñas asómanse ao nordés do tramo costeiro máis representativo da Costa da Morte.

As rutas ao Cemiterio Inglés e ao Foxo do lobo miran ao mar dende o máis alto. Dúas interesantes propostas para adentrarse na historia e no patrimonio paisaxístico, ambiental e cultural dun territorio difícil dende o mar e dende terra. Que soubo labrar xentes curtidas na navegación e destrezas no cultivo.

A enseada do Trece, o Cemiterio Inglés ou o foxo do Lobo son algúns dos puntos estratéxicos destas actividades que teñen como principal obxectivo achegarse a historia de Camariñas.

 

Entradas relacionadas

Ruta ao Foxo do Lobo

Nos lindes do Cabo Vilán Dende os asentamentos castrexos primitivos chegamos a Reira, unha saída ao mar en forma de perigosos baixos. Dende aquí ao Foxo do Lobo e a…

Ruta ao Cemiterio Inglés

Espazos na enseada do Trece O cemiterio Inglés e o Monte Branco serven de marco a unha das enseadas máis espectaculares e virxes: a Enseada do Trece. Berce da caramiña…