Fontes do Anllóns
Soandres, un mundo nunha parroquia
Soandres asómase ao mundo como unha das máis extensas parroquias da área xeográfica da Costa da Morte. A súa ubicación, no extremo oriental sur do concello da Laracha e da propia comarca fai que a parroquia, que se vertebra a través do curso alto do río Anllóns, sexa nexo coas veciñas comarcas de Ordes e da Coruña.
A súa extensión permitiu que chegara case ata os nosos días unha curiosa división territorial máis pequena que a parroquia. As denominadas “copias” eran necesarias nun basto e accidentado territorio coa fin da organización territorial e social.
Destacan numerosos puntos estratéxicos nun terreo que ten o prestixio de albergar as fontes que dan vida ao río de Bergantiños. Castros e restos de campamentos romanos, pazos señoriais, así como o propio Mosteiro de Soandres (o Convento, como aquí lle chaman) son algúns dos puntos de interese da ruta. A construción románica pon á parroquia larachesa no vértice de importancia en canto ao patrimonio relixioso.
Outros recunchos de valor natural como o rego de Cercido, con interesante valor paisaxístico e numerosos muíños, completan o valor dun fermoso territorio.