Monte do Castelo
Tesouros naturais para catro comarcas
O macizo do Monte do Castelo componse dunha inmensa planicie situada a uns 400 metros de altitude e que fai de divisoria entre as comarcas de Ordes, Compostela, Bergantiños e Xallas.
O basto territorio foi utilizado para a ubicación de numerosos aeroxeneradores ben visibles dende as catro comarcas citadas e outros proxectados que ameazarán a Centaurea Ultreia, pequena planta endémica deste espazo.
Aínda así, esta área xeográfica acolle un dos humidais máis importantes de Bergantiños: Alcaián. Aqui preto desta lagoa chea de historias atopáronse os restos máis antigos da provincia, datados do paleolítico. A carón do humidal (hoxe desecado en boa parte) pasaba tamén unha antiga vía romana.
Moi cerca de aquí, o Bosque da Bérbia ainda fai forza por ser unha das masas de bosque autóctono máis importantes da bisbarra.