Rumbo á Historia

Pasos do Tambre

A aldea esquecida do Tambre

O río Tambre ofreceu ao longo da historia as dificultades lóxicas para poder sortealo. Os camiños tradicionais a Compostela dende Bergantiños e Xallas tiveron nas parroquias de Portomouro e Portomeiro os “portos” (portas) naturais que permitirían sortear a importante canle fluvial. Este punto estratéxico no camiño alberga unha importante rede patrimonial que funde as raíces da historia en asentamentos castrexos como o do castelo de Portomeiro, que tivo a súa época de esplendor como asentamento medieval. Moi cerca de aquí, como vixías dende o alto, aséntanse as tumbas suevas da Pedra do Home e a carón do gran Tambre, mantén a súa historia a aldea de Novais. Como un lugar esquecido, neste asentamento puido existir un antigo mosteiro e, aínda hoxe, se manteñen en pé as paredes dunha pequena capela.

Distancia: 15 km
Dificultade: media-baixa